En Común acusa aos socialistas de discriminar aos grupos minoritarios

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

13 oct 2019 . Actualizado ás 17:52 h.

A convocatoria do pleno extraordinario no que a corporación abordará a actualización de taxas e impostos non gustou en absoluto no seo de Vilagarcía en Común. Segundo a formación que lidera Suso López, é a terceira vez que o goberno socialista que encabeza Alberto Varela pon data ou cambia unha sesión plenaria sen consultar a dispoñibilidade do resto dos grupos, en especial dos máis pequenos. «Parece que Varela prefire políticos profesionais, que só se dediquen aos labores do Concello», lamenta López, ao que motivos laborais inaprazables lle impedirán asistir ao debate.

En Común, así pois, non poderá defender as súas propostas tendentes a mobilizar vivendas baleiras para o alugueiro ou novos tramos e excepcións para o pagamento das taxas. López insta ao PSOE a «deixar de xogar en tempo de desconto».