O Arousa tira de efectividade á conta dun Paiosaco débil en defensa

La Voz CARBALLO / LA VOZ

AROUSA

BASILIO BELLO

O arlequinados marcaron catro goles e gañaban xa 2 a 0 en apenas catro minutos

13 oct 2019 . Actualizado ás 21:44 h.

O Paiosaco sufriu unha goleada na Porta Santa (0-4) fronte a un Arousa que demostrou unha tremenda efectividade e que se aproveitou dos fallos defensivos dos verdibrancos para levar os tres puntos en litixio. O duelo xa empezou mal para os locais que, en apenas catro minutos, xa ían perdendo por 0-2 con goles ambos de Roberto Fernández. Pedro Beda, pouco antes do final da primeira parte, e Javi Otero, no minuto 67, rubricaron a colleita de tantos para o equipo de Vilagarcía.