Vitoria con remontada final do Cortegada sobre o Arxil

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

O Cortegada terá un novo test este domingo, desde as 19 horas no pavillón Coto Ferreiro da Estrada, fronte ao Celta

20 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Cortegada pechou na noite do mércores a súa participación na Copa Galicia Feminina 2019 coa súa única vitoria na fase de clasificación para a gran final do sábado, a que medirá finalmente o Ensino da Liga Feminina e un Celta Zorka que lle gañou a partida pola outra praza ao Baxi Ferrol 66-61. O equipo de Rubén Domínguez impúxose 61-55 ao C.B. Arxil de Pontevedra no parqué do Pavillón Municipal de Fontecarmoa ao termo dun partido acordeón.

Logo de dominar a primeira parte, índose ao descanso cun +11 de diferenza, o Cortegada perdeu a iniciativa no marcador no derradeiro cuarto, no que o Arxil aproveitou varias perdas de balón das locais para adiantarse en 2 puntos. O cambio no electrónico reactivou as arousás, que axustaron a súa defensa, pechando ben o rebote pese a ter perdido a Andrea Ríos por faltas. O Cortegada terá un novo test este domingo, desde as 19 horas no pavillón Coto Ferreiro da Estrada, fronte ao Celta.