Un plácido paseo polas músicas norteamericanas

La Voz

AROUSA

MARCOS CREO

The Lákazans comparecen no Náutico de San Vicente

20 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Sábado • 20 h • O Grove • O Náutico • 5 euros • Cando o pasado ano The Lákazans presentaron o seu terceiro disco, Sandwina, foi recibido como «un reconfortante e entretido paseo pola historia das músicas americanas».

E non era para menos. Aínda que ao septeto do Barbanza sempre se lle meteu no caixón do blues o certo é que o seu abano de sonoridades é moito máis amplo.

Sempre lles gustou coquetear con xéneros irmáns, con texturas e influencias que se distraen do común. Non é difícil atopar na súa música chiscadelas ao country, ao rockabilly, ao soul e mesmo ao funk.

E todo iso, por suposto, trasládase aos seus directos. Exquisitamente pulcros pero suficientemente enérxicos.