Oitocentos quilos de alimentos para Cáritas

La Voz

AROUSA

Cedida

O torneo EncestaRías doou esa cantidade grazas ao concurso de triplos solidarios

19 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Os representantes do torneo EncestaRías, coa colaboración de Gadis, entregaron 800 quilos de alimentos de primeira necesidade a Cáritas Interparroquial Arousa. Unha cantidade que se fixo posible grazas ás 103 canastras que converteron na final do concurso de triplos, na que o campión Marcus Eriksson (Alba Berlín) cedeu á causa os 250 euros que lle correspondían como gañador.