Nenos da asociación Nupa fan a Variante espiritual

La Voz

AROUSA

MARTINA MISER

A iniciativa parte dunha colaboración coa Mancomunidade do Salnés

04 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A Mancomunidade do Salnés colabora coa Asociación española de axuda a nenos, adultos e familias afectadas de fallo intestinal, transplante multivisceral e nutrición parenteral (Nupa) dando cobertura a unha iniciativa que dará a oportunidade a pequenos de entre 3 e 12 anos de vivir a experiencia como peregrinos do Camiño de Santiago realizando a Variante espiritual.

Hoxe estarán na capital, Pontevedra, e o xoves pasarano na comarca do Salnés. Empezarán a xornada no mosteiro de Armenteira de Meis, seguirán cunha visita aos muíños de Barrantes (Ribadumia) e pola tarde trasladaranse á praia do Bao, na Illa. O venres embarcaranse no porto de Vilanova para realizar a ruta marítimo fluvial xacobea «Translatio».