A voz de Vituco Neira protagonizará a segunda sesión de Cultura nos Cons

elisa pérez / B. c.

AROUSA

Mónica Irago

Hoxe será o membro do grupo compostelán Ruxe Ruxe, o encargado de pór voz ao escenario do Portiño

21 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe • 21 horas • O Portiño (A Illa) • Onte foron Carlos Blanco e Quico Cadaval, acompañados musicalmente polo grupo da A.C.D. Dorna, os que deron o pistoletazo de saída ao certame Cultura nos Cons coa tradicional ruada polas rocas emblemáticas da Illa. Hoxe será o cantante Vituco Neira, membro do grupo compostelán Ruxe Ruxe, o encargado de pór voz ao escenario do Portiño, no que os instrumentos da banda local Quilma serán os outros protagonistas da velada nocturna. O rock e os sons tradicionais, complementados con letras en galego, confluirán durante o segundo e penúltimo día do ciclo, o cal finalizará mañá coa actuación da artista monfortina Rosa Cedrón e a Coral Polifónica da localidade.

Todo aquel que non queira perderse a beleza paisaxística dun lugar como A Illa e o talento dos músicos procedentes desta vila mariñeira ten hoxe unha cita máis que obrigada a partir das 21 horas.