O músico coruñés Xoel López viaxará esta noite pola súa longa carreira artística

La Voz

AROUSA

CESAR TOIMIL

A cita é ás once da noite no parque da Xunqueira de Vilagarcía

21 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe • 23 horas • Parque da Xunqueira (Vilagarcía) • Entrada gratuíta • Unha das actuacións musicais máis agardadas das festas vilagarciás é, sin duda, a que ofrecerá hoxe, a partir das 23 horas, o coruñés Xoel López. Os veciños e visitantes que se acheguen esta noite ao parque da Xunqueira serán testemuñas da fusión musical que domina a maior parte dos temas compostos polo artista, cuxos traballos sempre se moveron entre o pop, o rock e o folk clásico. Con tres discos en solitario, Xoel realizará un repaso pola súa extensa traxectoria no panorama nacional, tocando as cancións máis coñecidas do seu repertorio. O galego, considerado un dos músicos máis importantes no ámbito español, deleitará ao público de Vilagarcía coas súas creacións.