Leccións de bufón dirixidas por Leo Bassi

La Voz

AROUSA

MONICA IRAGO

Os inscritos terán a oportunidade de recibir as leccións do recoñecido actor, que estará mañá, ás 21 horas, co espectáculo máis agardado do Festaclown, «Eu, Mussolini»

20 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe • Das 10 ás 13 horas, e das 16 ás 19 horas • Salga principal do auditorio de Vilagarcía • Das destrezas cómicas do actor e humorista italiano Leo Bassi poderá aprender todo aquel que queira apuntarse ao taller de bufón que imparte hoxe o artista no auditorio vilagarcián, tanto pola mañá como pola tarde. Os inscritos terán a oportunidade de recibir as leccións do recoñecido actor, que estará mañá, ás 21 horas, co espectáculo máis agardado do Festaclown, «Eu, Mussolini». Os interesados poden adquirir as súas entradas no auditorio desde as 19 horas.