EU do Grove pide melloras na seguridade viaria da rúa Entrehortas

La Voz O Grove / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

A formación advirte de que neste punto están a circular vehículos que superan as medidas da rúa

20 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Esquerda Unida volve reclamar unha actuación na rúa que une Conricado e Luís Antonio Mestre para mellorar a seguridade viaria na zona. A formación advirte de que neste punto están a circular vehículos que superan as medidas da rúa, o cal provoca danos continuos nas vivendas, e piden que, cuado menos, instálese un sinal que indique aos condutores as medidas máximas permitidas para circular en vehículos a motor. A petición foi presentada por rexistro co fin de que o goberno local actúe canto antes.

Esquerda Unida sinala que o peche ao tráfico da rúa Castelao e a habilitación dun aparcadoiro en Entrehortas provocou un aumento de tráfico, especialmente nas épocas turísticas, o cal está a prexudicar aos residentes que ven como os vehículos, sobre todo camións, danan tellados e fachadas dada a estreiteza da vía.