Bouzas gaña o título de dobres de Oberentfelden e hoxe vai polo individual

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

A alumna vilagarciá da Academia Tenis Ferrer alzouse co trofeo por parellas xunto á tamén española Marta Custic

21 jul 2019 . Actualizado ás 20:52 h.

Jéssica Bouzas pode completar hoxe a súa participación no torneo suízo de Oberentfelden, un grao 2 do circuíto ITF Tennis Junior, cos dous títulos femininos no seu haber. Esta mañá, a partir das 10.30 horas, xoga polo cetro do cadro individual coa helvética Nina Geissler, actual número 288 do ránking internacional Sub-18, como rival. Faino menos de 24 horas despois de alzarse co trofeo de campioa do cadro de dobres, formando parella coa tamén española Marta Custic, no que é o terceiro título da galega no último mes.

A vilagarciá e Custic, que arrincaron o cadro principal de Oberentfelden como cabezas de serie número 1, tivéronse que aplicar a fondo para superar na final á parella formada pola rusa Alina Shcherbinina e a italiana Federica Trevisan. O marcador final, 4-6/7-5[10-5].

Iso foi á primeira hora da tarde de onte. Con anterioridade, pola mañá, Jéssica Bouzas afrontaba o seu duelo de semifinais do cadro individual. Nel tocáballe superar á letona Patricija Spaka. Fíxoo cun 6-2 e 7-6(1), evitando un terceiro set ao que a levaron os seus rivais nas dúas roldas anteriores, co consecuente desgaste engadido ante unha Spaka que acadara as semifinais tras a retirada da rusa Daria Krasnova con 6-3 e 3-0 a favor da primeira.

A adversaria de Bouzas no partido polo título desta mañá, Nina Geissler pisa a final sen ter cedido un set, derrotando onte a Shcherbinina 6-4/6-1.