Best Boy fan honra ao seu nome

La Voz

AROUSA

s. g.

Os seis membros da banda traballáronse un concerto potente e elegante á hora do vermú en Vilagarcía

16 jun 2019 . Actualizado ás 21:14 h.

Son seis e xuntos fan música con maiúsculas. O programa Ágora Vermú, que o Concello de Vilagarcía lanza cada ano, trouxo onte a Best Boy aos xardíns de Ravella. Soul de altura, elegancia e cana cando é necesaria nunha banda en evidente estado de graza.