Rescatan a unha muller que pediu auxilio cando se bañaba espida no Ramal

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

cedida

A vítima, que padece problemas psiquiátricos, foi trasladada ao Hospital do Salnés

14 jun 2019 . Actualizado ás 10:55 h.

A embarcación auxiliar de Salvamento Marítimo de Vilagarcía rescatou a última hora desta tarde na punta do peirao do Ramal a unha muller que se atopaba espida na auga. Fontes dos servizos locais de Emerxencias relataron que a muller, veciña de Vilagarcía nacida no ano 1976, pediu auxilio a un barco que pasaba polo lugar, orixinando a posta en marcha dun dispositivo de rescate que incluíu ademais da Salvamento Marítimo a zódiac de Emerxencias.

A rescatada foi desembarcada no peirao do Cavadelo, e trasladada a urxencias do Hospital do Salnés acompañada por unha dotación da Policía Nacional, ao tratarse dunha persoa con antecedentes de problemas psiquiátricos.