O Porto calcula que o corte de tráfico no Ramal durará 3 minutos

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

Asegura que o operativo está a ser coordinado por todas as administracións implicadas

13 jun 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A Autoridade Portuaria informou onte de que o operativo do ferrocarril que mañá cruzará O Ramal e os viarios que conducen a Ferrazo está a ser coordinado con todas as administracións e operadores concernidos. A institución subliña, ao fío do debate sobre os horarios (o convoi baixará da estación ás 11.40 horas e regresará ás oito da tarde), que estes se establecen en función da dispoñibilidade das vías ferroviarias que xestiona o ADIF. En canto ao corte de tráfico no Ramal, calcula que será de tres minutos.