Os candidatos con representación protagonizan esta tarde un debate aberto ao público no Salón García

Serxio González Souto
serxio gonzález VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

O único aspirante que non participa no acto é o popular Alfonso González Galego, por razóns «de axenda»

22 may 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

La Voz de Galicia organiza esta tarde, a partir das cinco, o único debate aberto ao público que terá lugar nesta campaña electoral. O criterio de selección dos candidatos que tomarán parte na cita apunta a aqueles que obtiveron representación no pleno da corporación municipal fai catro anos. Desta forma, o alcalde e aspirante á reelección polo PSOE, Alberto Varela, o portavoz de Esquerda Unida e cabeza de cartel de Vilagarcía En Común, Suso López, e a portavoz e número uno do BNG, Lucía César Veloso, contrastarán os seus programas, proxectos e modelos sobre o que a capital arousás debe ser. Farano no Salón García, nun acto ao que todos os interesados poderán asistir como público co único límite da capacidade das instalacións.

Seguindo a mesma lóxica, ao debate foi convidado o presidente local do Partido Popular e candidato á alcaldía pola formación conservadora, Alfonso González Galego, quen, non en balde, representa á principal forza da oposición en Vilagarcía. Galego, con todo, alegou problemas «de axenda» para rexeitar a invitación de La Voz.