O Europeo Júnior de 420 e 470 terá desfile por Vilagarcía

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

Haberá un paseo dos ao redor dos seus 400 participantes de máis de 20 países desde a Praza de Galicia ata o Centro Galego de Vela

21 may 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O presidente da Real Federación Galega de Vela, Manuel Villaverde, anunciou onte que o Campionato de Europa Júnior das clases 420 e 470 que albergará a finais de xullo o Centro Galego de Vela contará cun vistoso desfile inaugural. Un paseo dos ao redor dos seus 400 participantes de máis de 20 países desde a Praza de Galicia ata o CGV. Ademais, a cerimonia de medallas realizarase na céntrica praza vilagarciá.

O anuncio realizouno á conclusión da visita do alcalde da capital arousá, Alberto Varela, ao Centro, onde agradeceu á RFGV que embarcase ao Concello no proxecto de traer o primeiro Europeo a Vilagarcía.