Os nenos do Anexo A Lomba repoboaron O Castriño

La Voz

AROUSA

CEDIDA

Os escolares plantaron castiñeiros e carballos

16 may 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O colexio Anexo A Lomba de Vilagarcía realizou unha plantación de carballos e castiñeiros no monte Castriño, en colaboración cunha brigada de xardineiros do Concello. Trátase dun lugar onde os carballos centenarios que existían tiveron que ser retirados por mor dunha enfermidade, atopándose agora sen árbore algunha.

«Posto que é un lugar frecuentado polos nenos e as familias de Vilagarcía, sempre foi unha das nosas primeiras opcións para realizar esta repoboación», segundo explican desde o centro e, grazas a iniciativas coma esta, Vilagarcía é e será un pouco máis verde.

A actividade inscríbese no programa Voz Natura da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre e contribúe a educación ambiental dos máis novos