En Común quere un pavillón nos antigos talleres de Renfe

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

Suso López visitou esta semana Trabanca-Sardiñeira

15 may 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O candidato á alcaldía por Vilagarcía En Común, Suso López, visitou esta semana Trabanca-Sardiñeira, onde presentou un dos seus proxectos para a descentralización e mellora das instalacións deportivas municipais. Trátase da construción dun pavillón de última xeración nos antigos talleres de Renfe. Trátase dunha parcela de trinta mil metros cadrados, «hoxe nun lamentable estado de abandono».

En Común aposta por remodelar o actual pavillón de Fontecarmoa, para corrixir o seu illamento incorrecto, e por mellorar o acceso desde Rosalía de Castro ao barrio, así como un paso elevado sobre a vía do tren cara ao instituto.