O Nacional da clase 420 vaise para os dous arquipélagos

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Alberto Ovenza (Cedida)

Os mallorquinos Konitzer e Rodríguez (C.N. S?Arenal) e as canarias Reino e Laiseca (R.C.N. Gran Canaria) alzábanse onte en Vilagarcía cos títulos absolutos masculino e feminino. O vilagarcián Jacobo García acaba noveno na xeral xunto ao coruñés Toni Ripoll

21 abr 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Con só dúas mangas máis disputadas, e un total de nove, os Sub-19 mallorquinos Conrad Caspar Konitzer e Fernando Rodríguez (C.N. S'Arenal) e as canarias Patricia Reino e Isabel Laiseca (R.C.N. Gran Canaria) alzábanse onte en Vilagarcía cos títulos absolutos masculino e feminino do Campionato de España da clase 420. No caso deles, aproveitando os dous vuelcos do dúo galego formado por Martín Wizner e Pedro Ameneiro (R.C.N. Vigo), relegados ao terceiro posto da xeral con 38 puntos, polos 15 do dúo campión e a tan só 1 de Carlos Balaguer (Náutico de Valencia) e Clara Llabrés (C.N. S'Arenal). A consecución da praza hispana para o Mundial Xuvenil, pola suma da súa actuación na Copa de España, compensou a decepción de Wizner e Ameneiro nunha última xornada que acabou co vilagarcián Jacobo García e o coruñés Toni Ripoll novenos, con 64 puntos.