Os candidatos do PSOE visitan o mercado de Vilagarcía

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

XOAN CARLOS GIL

Olga Alonso lidera unha comitiva na que tamén participarán Jorge María, Modesto Pose e o alcalde da cidade, Alberto Varela

20 abr 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A campaña electoral cara ás xerais do 28A recala o sábado en Vilagarcía. A cabeza de lista do PSOE ao Congreso pola provincia, Olga Alonso, visita a praza de abastos a partir das once e media. Acompáñanlle o número 4 da súa candidatura, Jorge María, o aspirante ao Senado, Modesto Pose, e o alcalde da capital arousá, Alberto Varela.