Ofredan floral para conmemorar o Día da República

Maruxa Alfonso Laya
M. Alfonso VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Cedida

O PSOE de Vilagarcía organizou o acto fronte ao monumento Rosas Rotas

14 abr 2019 . Actualizado ás 13:37 h.

Un ano máis, o PSOE de Vilagarcía non quixo deixar pasar o Día da República sen ter un recordo con todos os represaliados por defender os valores democráticos. Ao redor do mediodía, decenas de persoas congregáronse fronte ao monumento Rosas Rotas, do parque Miguel Hernández, para participar nunha ofrenda floral. O acto quería servir para enxalzar os ideais democráticos de igualdade e liberdade. Tamén para render homenaxe ás persoas que sufriron algún tipo de represalia polítca, desde o exilio ata o asasinato, por defender os valores democráticos fronte ao golpe de estado perpetrado polos sectores máis remisos da sociedade española.