Abre o prazo de matrícula para a nova escola infantil de Vilaxoán

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

O Consorcio prevé sacar a licitación despois de Semana Santa a dotación de equipamentos e mobiliario necesario para poder abrir o centro infantil

23 mares 2019 . Actualizado ás 20:55 h.

A nova escola infantil de Vilaxoán entrará en funcionamento durante o próximo curso escolar. Representantes do Concello de Vilagarcía mantiveron esta semana un encontro co Consorcio Galego de Benestar no que se concretou a participación económica de cada administración para manter o servizo. O centro contará con 74 prazas, para as que xa se abriu a matrícula. Os interesados poden recoller os formularios na Galiña Azul de Carril.

O Consorcio prevé sacar a licitación despois de Semana Santa a dotación de equipamentos e mobiliario necesario para poder abrir o centro infantil. Neste apartado investiranse 100.000 euros. De forma paralela, procederase á selección de persoal e á matriculación do alumnado. Este primeiro curso, a gardería de Vilaxoán contará cunha aula para bebés de oito prazas, dúas clases de 13 nenos para alumnos dun e dous anos e outras dúas máis, de vinte prazas cada unha, para os estudantes de dous a tres anos.