O Coro Liceos de Vilagarcía leva a Zarzuela a Valga

La Voz

AROUSA

21 mares 2019 . Actualizado ás 21:00 h.

O Coro Liceo de Vilagarcía ofrece este sábado, no Auditorio Municipal o espectáculo «Noite de Zarzuela», unha selección dos fragmentos máis coñecidos deste xénero musical en España, acompañada dunha vistosa posta en escena.

A agrupación coral actuará xunto a catro solistas, as sopranos Tamara Casás e Loli Crespo, o tenor José Luis Prado e o barítono Julio Cores, e a parte musical correrá a cargo da Banda de cámara Arousa, con arranxos e dirección de Santiago Fontes. Os actores, que exercerán tamén como presentadores deste evento, serán Gonzalo Valcárcel e Diego Rubianes.

As entradas para asistir ao espectáculo musical, que dará comezo ás 21 horas, xa poden adquirirse de forma anticipada na cafetería do Auditorio.