Roi Casal abre en Vilagarcía a súa gravación galegocubana

AROUSA

FOTO MIGUEL

O concerto único arrinca esta noite, ás nove, no Auditorio da capital arousá

09 mares 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Os artistas singulares como Roi Casal acaban incorporando ás súas discografías traballos únicos. No caso do catoirense, o que hoxe (21 horas) comeza gravar no Auditorio de Vilagarcía pasará a ocupar esta categoría. Porque do que hoxe ofreza Casal se nutrirá a metade do disco en directo que rematará de alimentar unha segunda actuación en directo en La Habana para editar o seu vindeiro álbume.

Acompañado dunha ducia de músicos galegos e cubanos, e cunha sección de baile sobre as táboas do Auditorio, o de Catoira tirará do repertorio de «Son Galego, Son Cubano» para regalarlles aos seus espectadores unha versión moi especial dese traballo máxico co que leva xirando tres anos, xurdido da unión do seu maxín co do mestre Xosé Neira Vilas para musicar a palabra, e para escribir a música da memoria da emigración galega a Cuba e o seu pouso en nós.