A EOXI saca 82 prazas no Salnés nun concurso de mobilidade interna

La Voz

AROUSA

MARTINA MISER

A dirección da EOXI comunicou onte que dá por finalizado o procedemento administrativo voluntario

19 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A dirección da EOXI comunicou onte que dá por finalizado o procedemento administrativo de mobilidade interna voluntaria, tanto no complexo de Pontevedra como no Salnés. Mediante este mecanismo ofertáronse 472 prazas na capital pontevedresa, fronte a 82 en Vilagarcía. A través deste sistema de traslados interno, «os profesionais tiveron oportunidade de optar a postos adecuados as súas preferencias».