«Quéroche un ovo de Pascua», con Mickey

AROUSA

Disney desembarcou onte en Vilanova

14 feb 2019 . Actualizado ás 11:47 h.

Disney desembarcou onte en Vilanova. Non, ninguén adiantou o Entroido. O pato Donald, Mickey e Pluto paseáronse polo parque do Cabo a propósito da campaña comercial «Quéroche un ovo de Pascua». É o nome dunha empresa que se monta «ad hoc» para a Semana Santa que, recollendo a tradición familiar, preparan ovos e bollería de Pascua desde un establecemento situado na PO-548, nun antigo karaoke de San Miguel. A firma fai unha proposta nova. Os padriños, ademais de comprar o ovo de chocolate, poderán facer a entrega ao seu afillado dunha forma moi especial: en casa e da man dun personaxe de Disney, que se desprazará en turístico. Onte despregaron a loxística para facer un vídeo.