O PP acusa a Alberto Varela de ter fracasado co PXOM

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

Para referendar a súa opinión han rebuscado ata en Twitter e rescatado un chío de Alberto Varela do 7 de maio do 2015

12 feb 2019 . Actualizado ás 20:55 h.

A mensaxe do PP está claro. Os populares queren convencer os seus votantes co mantra da inacción de Alberto Varela e o seu equipo e niso basean os seus ataques. O último chegou a raíz do PXOM sobre o que di Alfonso Galego que houbo «moito ruído, moita opacidade e pouco avance real». Para referendar a súa opinión han rebuscado ata en Twitter e rescatado un chío de Alberto Varela do 7 de maio do 2015: «Pregúntome se a revisión do PXOM non levou a cado por incapacidade ou por outros intereses».