«Temos a sensación de que os árbitros non nos respetan», di o Ribadumia

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

Presentará un recurso solicitando a retirada dos cartóns que o colexiado lles mostrou aos aurinegros Bugallo e Eloy no túnel de vestiarios

12 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

«Non é a primeira vez que se nos falta ao respecto, que se rin de nós». Quen así fala é Cristina Serantes, delegada do primeiro equipo do C.D. Ribadumia e portavoz da directiva do club, que onte adiantou a presentación dun recurso ante a Real Federación Galega de Fútbol solicitando a retirada dos cartóns que o colexiado do partido do domingo na Senra co Boiro, o vigués Gabriel Quintairos, mostroulles aos aurinegros Bugallo e Eloy no túnel de vestiarios, co partido xa concluído. Unha decisión que, sostén Serantes tras consulta co informador arbitral que presenciou o derbi, excede as competencias do colexiado, que carecería de capacidade sancionadora finalizado o choque.

Serantes e o adestrador do Ribadumia, Luis Carro, manifestaron o profundo malestar no club pola actuación dun colexiado que respondeu cun cartón amarelo a Bugallo ás súas queixas por unha presunta agresión do lateral do Boiro Paco co balón parado antes do saque de córner que pechou o partido; agresión que derivou nun beizo partido.

A delegada, golpeada

A segunda amarela ao central aurinegro, e a vermella directa ao seu compañeiro Eloy por cualificar de lamentales aos integrantes do trío arbitral produciuse en paralelo ao boureo orixinado nada máis acabar o choque no túnel de vestiarios. Cando un dos xogadores do Ribadumia preguntoulle a Paco se non se ía desculpar con Bugallo, e o do Boiro empurrouno ao chan. Tratando de separar a uns e outros, a propia Serantes recibiu un golpe, involuntario aclara, do técnico do Boiro.

«A sensación é de que os árbitros non nos respectan», declara Luis Carro. «Se un xogador se lle acerca a un colexiado cun beizo partido, cando menos debería darlle o beneficio da dúbida; e non expulsalo».

Na mesma liña, Serantes denuncia os malos modos cos que o árbitro a despachou cando foi a preguntarlle polas expulsións, que se sumarían a outros «desplantes e faltas de respecto» sufridas desde o estamento arbitral cara a ela e o seu club, e reclama que «se queren educar vos nenos en valores, vos de arriba terían que empezar a controlar ou traballo e vos modos dous colexiados.