Mel e queixo no colexio San Tomei

Cambados LA VOZ

AROUSA

Cedida

Os alumnos de quinto participaron nunha degustación gastronómica

18 ene 2019 . Actualizado ás 15:43 h.

Alumnos de quinto de Primaria do colexio San Tomei de Cambados tiveron oportunidade este venres de participar nunha degustación gastronómica que lles permitiu catar varios queixos e meles de Galicia. Como mestra de cerimonias actuou a cambadesa Sonia Otero, integrante do panel de cata de Queixos de Galicia.