Unha saída para Valle-Inclán

a. g. VILANOVA / LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

En Marea solicita á Xunta que sente a todas as partes afectadas para intentar atopar unha solución ao problema

14 ene 2019 . Actualizado ás 21:00 h.

Representantes de En Marea, coa deputada autonómica Paula Vázquez á fronte, visitaron as instalacións da residencia Valle-Inclán e coñeceron de primeira man as reclamacións de traballadores e usuarios da instalación. A formación pedirá á Xunta que se comprometa a sentar nunha mesa a todas as partes para intentar chegar a un acordo que, polo menos, suavice a comprometida situación.

«Hai un cento de persoas as que se lles está a mandar a residencias moi distantes e medio centro de traballadores que tamén están afectados pola situación», explica Paula Vázquez.

En realidade, o que se pide desde En Marea é que se tome en consideración o que se acordou nun pleno municipal xa en novembro e que non é outra cousa que o Concello de Vilanova medie ante a Xunta para atopar unha solución.

Paula Vázquez tamén puxo o acento na intensificación das inspeccións que está recibindo a residencia nas últimas datas. «Hai outros centros con irregularidades nas que non se están a facer», asegurou a deputada de En Marea.