O Céltiga prolonga o seu calvario tras abrir o marcador

La Voz A Coruña, VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MONICA IRAGO

O Silva remonta o tanto de Javi Ben, para imporse 3-1 ao conxunto insular

14 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Silva, negado na Grela durante o 2018, reconciliouse coa súa afección cunha vitoria sobre o Céltiga, 3-1, tras ter sumado tan só 5 de 30 puntos posibles como local, coa que supera a un rival directo na loita pola permanencia. Un resultado que deixa moi tocado ao Céltiga, que enlaza a súa novena derrota consecutiva.

E iso que os de Javi Rey adiantábanse, pronto, no minuto 20, con Javi Ben acertando no pase de Santi, tras gañarlle o lateral as costas á defensa local. Pero Lorusso, no 42, reestableció o empate nun centro de Souto ao segundo pau.

O Céltiga sobrepúxose ao golpe anímico, e tutear ao seu anfitrión. Ata que a súa falta de pericia nun balón solto na área visitante acabou no 2-1 no minuto 72. Javi Rey probou a meter máis pólvor sobre o campo. Pero de nada serviulle ao Céltiga, que volveu pagar a súa fraxilidade defensiva encaixando o definitivo 3-1 nun saque de esquina a 9 do final.

FICHA:

?SILVA (3): Damian, Lema, Lorusso, Kata, Scalon, Michi Leal, Souto (Toni Insua, min 84), Joni Fila (Joao Paulo, min 60), Charly, Marcos Gómez e Tiago (Fiuza, min 80) 

CÉLTIGA (1): Marcos, Nico, Santi (David, min 80), Aram, Lucas (Emilio, min 60), Jimmy, Diego Lamas, Pablo Pillado, Javi Ben, Jacobo e Juanin (Nathan, min 75) 

Goles: 0-1, min 20: Javi Ben; 1-1, min 42: Lorusso; 2-1, min 72: Joao Paulo; 3-1, min 81: Joao Paulo. 

Árbitro: Pérez Prado (Lugo). Amoestou a Lorusso e Scalon; e aos visitantes Jacobo e Juanin.