Un ciclista resulta ferido nunha caída na baixada do Pousadoiro

Vilagarcía LA VOZ

AROUSA

MARTINA MISER

O suceso produciuse onte á noite e a vítima foi trasladada, con prognóstico reservado, ao Hospital do Salnés

11 ene 2019 . Actualizado ás 09:17 h.

Un ciclista resultou ferido como consecuencia dunha caída, onte á noite mentres circulaba pola estrada do Pousadoiro, á altura do Vento, en dirección Vilagarcía. Trátase dun home duns corenta anos que foi trasladado ao Hospital do Salnés con prognóstico reservado. O suceso mobilizou ao Servizo de Emerxencias Municipal de Vilagarcía, ao 061 e a persoal do PAC de Vilagarcía.