O Sergas dille ao médico de Meaño que non hai médicos para cubrir baixas

AROUSA

Martina Miser

O facultativo denuncia que leva unha semana atendendo a unha media de setenta pacientes ao día

27 dic 2018 . Actualizado ás 14:04 h.

Non hai solución á sobrecarga de traballo que sofre o médico César Gil en Meaño. Esa é a resposta que o Sergas deu ás protestas deste facultativo, que denuncia que ten que asumir a carga de traballo do seu compañeiro cando estea está de días libres, como esta semana, e atender unha media de setenta pacientes por xornada. Gil fixo pública a súa situación para denunciar os recortes na Sanidade e culpa desta situación ás políticas que fixo a Xunta durante os últimos anos, ofrecendo aos profesionais unhas penosas condicións de traballo. Por iso agora non hai quen cubra as baixas e vacacións, sostén.