Xornadas de caza e cogomelos na tapería O Pasiego

AROUSA

MARTINA MISER

A vinoteca do Castro propón unha decena de pratos protagonizados polos produtos de outono

18 novs 2018 . Actualizado ás 19:43 h.

Tempo de outono. Tempo de cogomelos e caza na mesa. De sabores distintos, potentes. Unha tradición que Carlos González retoma na vinoteca tapería O Pasiego, situada na rúa Juan García, en plena zona do Castro, para propor unha decena de referencias dominadas pola caza e os cogomelos. Croquetas de cogomelos con xamón ibérico, ensalada de paspallás escabechada con cogomelos confitadas en aceite, fabes con lebre estofada, chuleta de xabaril con cogomelos ou ragut de cervo estofado son algunhas delas. Bo proveito.