EU denuncia os atrasos no pagamento a colectivos polo Marisco do 2017

La Voz

AROUSA

MARTINA MISER

A formación esquerdista pide ao goberno de Cacabelos que salde esas débedas con celeridade

21 oct 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O grupo municipal de EU insta ao goberno local do Grove a asumir coa máxima celeridade a débeda que mantén dende hai xa máis dun ano con distintas asociación culturais que actuaron na edición de 2017 da Festa do Marisco. Consideran inaceptable que, xa concluidos os festexos deste ano, o executivo de Cacabelos aínda non teña afrontado os pagos correspondentes ao exercicio anterior.