Un ferido nun espectacular accidente na rotonda do Ramal

Antonio Garrido Viñas
Antonio Garrido VILAGARCÍA

AROUSA

Mónica Irago

Un vehículo saíuse da vía, derrubou un farol e acabou estampado contra o muro

21 sep 2018 . Actualizado ás 08:39 h.

A rotonda do Ramal, en Vilagarcía, foi o escenario dun espectacular accidente. Un vehículo saíuse da vía, derrubou un farol e acabou estampado contra un muro. O único ocupante do vehículo foi trasladado en ambulancia ao hospital do Salnés con prognóstico reservado. 

Outro accidente produciuse de xeito practicamente simultáneo na rotonda de Pablo Picasso.