O CRA de Meis pide que se axude a unha familia á que lle ardeu a casa

La Voz

AROUSA

17 oct 2017 . Actualizado ás 10:51 h.

Unha petición do Colexio Rural Agrupado de Meis mostra a peor cara dos incendios que devoraron a comarca na noite do domingo ao luns: a das persoas que, a pesar da loitar contra o lume, perderon o seu fogar. «Dende o CRA pedimos colaboración. Unha familia con tres nenos de oito meses e catro e sete anos respectivamente precisa roupa posto que lle queimou a casa e todo o que tiñan», recolle a petición posta en marcha polo centro educativo.

Non é de estrañar que moitas das persoas que viron perigar as súas casas dubidasen en abandonalas. Indícanos moitos veciños das distintas zonas que se viron afectadas: «É a miña vida». Unha vida que, no caso desta familia de Pontecaldelas, o colexio quere axudar a reconstruír.