Solidariedade e arte na rúa para quentar motores no Cultura Quente

AROUSA

CONCELLO

Antes de que chegue a música haberá unha campaña para donrar sangue

11 jul 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

A actividade é frenética esta semana en Caldas de Reis, onde convivirán por primeira vez dous festivais nun. Dentro da vixésima edición de Cultura Quente terá lugar o PortAmérica, con tres xornadas de concertos, de xoves a sábado. Pero antes de que a música o invada todo haberá un oco para dúas propostas. Unha delas, xa veterana, é a campaña solidaria de doazón de sangue e órganos, que onte se presentou no Concello.

A cita é este mércores, a partir das dez da mañá, no paseo de Román López. Unha unidade móbil da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) -antes Centro de Transfusión de Galicia- e membros da Asociación de Doantes e Receptores de Órganos de Vigo (Adrovi) estarán en Caldas para incidir na importtancia da solidariedade. Marisa López, directora de ADOS, agradeceu a colaboración municipal e apuntou que Caldas se sitúa por amais da media recomendada pola Organización Mundial da Saúde, cono 64 doazóns por cada mil habitantes e unha media de 42 anos entre as persoas doantes. O ano pasado sumáronse 22 nuevosdonantes na vila. Un dos retos da axencia autonómica é a captación de doantes novos con campañas específicas.

Kaldarte

Celso García, presidente de Adrovi, remachou que a falta de información é unha das cuestións que fan que haxa menos doantes de órganos e tecidos que de sangue. Como aliciente para captar doantes, realizarase un sorteo de dúas camisetas entre as persoas que se acheguen a Caldas. Unha do Celta de Vigo e outra de Fernando alonso. Pola súa banda, o alcalde, Juan Manuel Rey, fixo un chamamento para que os veciños e turistas achéguense á unidade móbil.

E da solidariedade, á arte. Kaldarte, o proxecto de arte pública de Cultura Quente, xa está na rúa. Diversos artistas plasmarán ata o venres. Unha que xa pode verse é a de Natalia Galego, coñecida popularmente como Gleo. A artista colombiana, que viaxa mañá a Barcelona para realizar outro proxecto, pintou o muro do xardín do asilo. O seu ogra recolle ao Sabio Caldas e o seu sentimiengo indíxena.

Hoxe • A partir das 19.30 horas • Auditorio de Caldas • dato • A gastronomía adquire unha importancia central na PortAmérica. Hoxe arrinca o ciclo de reflexións sobre o valor da gastronomía. Javi Oleiros, chef de Culler de Pau, Bernardo Estévez, viticultor (Issue), Manolo Gago, divulgador, e Marta Fernández, directora do Centro Superior de Hostalería, abordan o estado actual da concina galega con Carlos Crespo como moderador. A continuación proxéctase o documental «Cociñando no fin do mundo», o filme de Esmerarte que foi exhibido en San Sebastián e en Málaga.