A visión dos escolares sobre a doazón

La Voz

AROUSA

CAPOTILLO

01 novs 2016 . Actualizado ás 05:00 h.

O xerente da EOXI, José Manuel González, e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, inauguraron onte no vestíbulo do Hospital Provincial unha exposición itinerante de debuxos. Trátase das propostas de escolares premiadas no quinto concurso de debuxos e lemas vinculados á doazón de órganos, sangue e transplantes. Tamén asistiu o responsable da Oficina de Coordinación de Transplantes, José Luis Martínez Melgar, e o presidente de Adrovi, Celso García.