O veterano Stevic sacou o caderno en Fuenlabrada

M. G. R.

ANDAR MIUDIÑO

Alba Pacheco

O pivote foi, con diferenza, o mellor do Obradoiro no Fernando Martín

27 abr 2025 . Actualizado á 22:59 h.

Faggiano | 7

Empezou ben, gobernou o partido nalgunhas fases e buscou o aro con naturalidade, pero foi apagándose.

Davison | 4

Non atopou os seus tiros. Leva uns partidos nos que baixou enteiros. E cando non chega o osíxeno dos triplos o equipo nota a falta de rega.

Quintela | 4

Non foi un bo día para os xogadores de xerarquía. Dos que non acabou de ler o encontro.

Brodziansky | 4

Moi fóra de punto. Brando atrás e con pouca presenza en ataque. O internacional eslovaco é dos chamados a marcar diferenzas.

Stevic | 8

O mellor nos dous lados, o máis elevado con moita diferenza. Se fajó, anotou e distribuíu. Foi o que mellor descifrou o que necesitaba o partido e o equipo.

Nacho Varela | 6

Discreto. Sempre asume os seus tiros. Máis espeso que outras veces na dirección.

Galán | 6

Máis vontade que acerto, pero aplicado en todo momento. Mal día nos tiros libres.

Álvaro Muñoz | 5

Traballador, con poucos réditos. Como case todo o equipo, non atopou o sitio en ataque.

Millán Jiménez | 5

Sempre está metido no xogo e pelexa polas súas opcións, nesta ocasión con pouco brillo, sen atopar o ritmo.

Barcello | 6

Leva un par de partidos por baixo do seu nivel. Custoulle atopar os seus tiros, e o equipo tampouco rematou de atopalo a el.

Micovic | 5

Apenas gozou de situacións para buscar o aro. Traballador atrás.