O Obradoiro confirma a marcha de Filipovity

ANDAR MIUDIÑO

Sandra Alonso

Club e xogador chegaron a un acordo para a rescisión de contrato

25 ene 2022 . Actualizado ás 12:04 h.

As negociacións entre o Monbus Obradoiro e o axente de Marko Filipovity para chegar a un acordo sobre as rescisión de contrato chegaron a bo porto. O club confirmou o acordo polo que as dúas partes separan os seus camiños.

O internacional húngaro asinou en catorce partidos unhas medias de 2,6 puntos e 1,9 rebotes en 12,2 minutos.

Moncho Fernández xa non terá que facer descartes nas convocatorias, tendo en conta que queda con doce xogadores. En todo caso, a principios de xaneiro o Obradoiro deberá decidir se prorroga o contrato temporal de Edgar Vicedo ou busca outro recambio no mercado.

E tampouco cabe descartar que se se presenta algunha oportunidade trátea de aproveitar, aínda á conta de volver dispor de trece fichas profesionais. A tempada, sometida aos embates do covid-19, é moi axitada e son varios os clubs que están a optar por esa vía de tratar de armar persoais máis amplos.