Robertson e Birutis tiraron do carro

ANDAR MIUDIÑO

F. MALLOL LOF

Levaron o peso da anotación do Obradoiro en Andorra

05 dic 2021 . Actualizado ás 00:03 h.

Robertson | 9

Outra minutada, á espera de que volva Beliauskas. Esta vez, tras unha viaxe a metade de semana desde a República Dominicana. Baleirouse, traballou atrás e non deixou de pelexar pola súa sorte e a do equipo en ataque.

 Hobbs | 5

Partido discreto. Non impuxo a súa xerarquía no xogo e tampouco sacou brillo á súa boa man, salvo a contagotas.

 Álvaro Muñoz | 7

O capitán, como o equipo, foi de máis a menos. Mostrou a súa mellor cara no primeiro cuarto. Dá moito voo ao colectivo cando rendibiliza os seus tiros.

 Filipovity | 3

Perdeu unha gran ocasión para reivindicarse. Foi titular, tivo minutos e non atopou o sitio. Probablemente o seu partido máis frouxo.

 Birutis | 9

Como Robertson, o máis constante e o que menos se resignou. Fixo dano ao Andorra preto do aro.

 Scrubb | 6

Tivo que xogar moitos minutos no catro. Sen ter un gran día, non se desesperou e foi crecendo cos minutos.

 Zurbriggen | 6

Outro día complicado para un proceso de adaptación. Partido correcto, con momentos nos que lle custa ler o xogo.

 Okouo | 4

Como Filipovity, tampouco aproveitou unha boa ocasión para reivindicarse e gañar minutos.

 Oliver | 5

As circunstancias obrigaron a Moncho Fernández a xogar moitos minutos con dúas bases. Non rematou de deixar o seu selo.

 Huguet | 6

Non desentonó cando tivo que botar unha man.