Por oficio

Fran Varela O ESCÁNER

ANDAR MIUDIÑO

Jorge Roupeiro LOF

27 sep 2021 . Actualizado ás 00:05 h.

Tras desactivar a peza máis importante do rival, Tavares; tiveron que aparecer os máis veteranos do conxunto branco para desequilibrar o encontro. Toda adaptación á liga leva un tempo e penso que este partido pode servir para que os nosos debutantes aceleren ese período.

No plan de partido estaba abrir o campo con Ellenson para sacar ao caboverdiano da zona e se había cambios atacar desde o poste baixo. As rotacións, máis curtas, que de costume, non deron coa efectividade esperada e xunto ás transicións tras perda de balón, déronlle aos locais as primeiras vantaxes.

O segundo e terceiro cuarto foron para o Obra grazas á mellora no rebote, tanto defensivo como ofensivo e a buscar boas opcións en ataque.

E aínda que nós somos máis de uvas (polo viño e o licor café,...que non se amolen os cervexeiros), as «mandarinas» acabaron coas nosas aspiracións de poder levarnos o partido.