O Obradoiro perdeu nos seus últimas oito visitas a Málaga

Ignacio Javier Calvo Ríos
NASO CALVO SANTIAGO / LA VOZ

ANDAR MIUDIÑO

ADRIÁN BAÚLDE

O conxunto compostelán só gañou dúas veces na pista do Unicaja

17 sep 2021 . Actualizado ás 18:42 h.

O Unicaja Málaga non é un equipo que precisamente se lle de ben ao Obradoiro. Ata o momento, galegos e andaluces enfrontáronse en 23 ocasións, cun saldo favorable aos malagueños. O Obra sumou sete vitorias e cultivou dezaseis derrotas.

No Martín Carpena, o conxunto da capital de galega só asinou dous triunfos nas súas doce viaxes. Nas últimas oito citas de Málaga o marcador foi favorable ao cadro local.

A primeira vitoria do Obra no Martín Carpena foi no curso 2011-2012, na primeira campaña con Moncho Fernández na ACB. O 5 de febreiro do 2012, o colectivo galego conseguiu estrearse nesta pista ao vencer ao catro andaluz por 54-69. Alberto Corbacho foi o mellor xogador do Obra, con 17 puntos, 4 de 9 triplos, en 27 minutos de xogo. Destacaron tamén os 11 rebotes de Lasme, as 10 capturas de Kendall e os 10 pases de canastra do californiano Milt Palacio.

Na tempada seguinte, na 2012-2013, tamén gañou o Obradoiro. Asinou a súa segunda e última vitoria en Málaga por 70-76. Ese 9 de decembro do 2012 xogaba no cadro local o base Earl Calloway, que anos despois defendeu a camiseta do Obra en Sar.

Alberto Corbacho foi o gran protagonista do encontro, realizando un partido extraordinario. O mallorquino finalizou o duelo con 28 puntos e 32 créditos de valoración, en 23 minutos e medio de xogo, con 6 de 9 triplos e 8 de 9 tiros libres. Oriol Junyent foi dos mellores, con 10 puntos e 5 capturas baixo o aro. Tamén destacaron os 6 rebotes de Buford, as 5 capturas de Kendall e as 6 asistencias de Andrés Rodríguez.