Pena, penita, pena

Nacho Parajuá

ANDAR MIUDIÑO

Sandra Alonso

16 may 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Esta é a tempada da pena, o que puido ter sido e non foi. O club tiña marcado en vermello esta campaña: ¡50 anos que había que celebrar! Pero non puido facerse como se quixo.

Ao equipo non se lle pode pór un pero, dérono todo e máis. A falta de tres xornadas para rematar xa estabamos salvados, con isto queda todo devandito.

Tan só unha pequena dúbida: que pasase sen lesións, sen o maldito covid? Pois probablemente estariamos a loitar por meternos no play off. O xogo realizado en moitos momentos hao demostrado.

A gran tristeza sería que Moncho se fose. Unha pena pero entendible, moitos anos ás súas costas nun mesmo equipo, aínda que este sexa o da túa cidade, o da túa vida. Grazas por todo, tanto se quedas coma se vasche.