«¿Mellor un Barça pletórico ou deprimido o xoves?»

O conxunto azulgrana xógase a clasificación para a fase final da Euroliga antes de recibir ao Obradoiro


O Barcelona disputa esta tarde noite no Palau o seu partido máis importante da tempada ata a data. Xógase a unha soa carta, ante o Zenit, a clasificación para a final a catro da Euroliga. E a pregunta que se fan os obradoiristas é: ¿Mellor visitar a un Barça pletórico ou deprimido?

Nunca se sabe se é máis perigos un león ferido ou un transatlántico lanzado. O que é seguro é que terá en fronte a un dos mellores equipos de Europa, ao que todos sitúan entre os máis firmes aspirantes a conquistar o cetro continental.

A eliminatoria ante o Zenit abriu dous debates en torno ao Barça. Un é o que se centra nos adestradores, porque ata a data Xavi Pascual parece ir gañándolle a partida a Saras Jasikevicius, sobre todo no último duelo.

O outro incumbe á figura de Pau Gasol, que ten o punto de mira posto nos xogo olímpicos de Tokio despois de dous anos afastado das canchas. O venres só dispuxo de dous minutos, a pesar de que Brandon Davies non tivo un bo día. No anterior choque xogou seis. No segundo da serie non chegou a participar e no primeiro rozou os cinco minutos na cancha.

Jasikevicius non esconde a transcendencia da contenda ante o Zenit: «No quinto partido xa é a hora de deixalo toda na pista. Aprendemos algo do que non fixemos e os xogadores son conscientes de que temos que xogar máis duros, con máis disciplina e coas ideas moi claras, que é algo que non estamos a facer».

Outras dúas eliminatorias da Euroliga tamén se decidirán no quinto partido. Esta tarde, ás 18.45 horas, o Real Madrid visita ao Anadolu Efes, outro dos grandes favoritos, despois de dúas heroicas remontadas no Wizink Center. Mañá, ás 20.45, o Milan de Ettore Messina recibirá ao Bayern de Múnic.

O único clasificado para a final a catro é o CSKA de Moscova, que lle gañou os tres partidos do tirón ao Fenerbahce.

Pustovyi, Davies e Higgins

De cara ao encontro do xoves ante o Monbus Obradoiro, Saras Jasikevicius aínda pode realizar cambios na convocatoria. Posiblemente faraos. Pola contra, non poderá contar con Artem Pustovyi, Brandon Davies nin Higgins, xa que as súas fichas están desactivadas.

Coñece toda a nosa oferta de newsletters

Creamos para ti unha selección de contidos para que os recibas comodamente no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
3 votos
Comentarios

«¿Mellor un Barça pletórico ou deprimido o xoves?»