Fisac chama a atención sobre o «potencial táctico» do conxunto santiagués

ANDAR MIUDIÑO

LOF

Tamén destaca que é un equipo coas ideas claras

18 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Antes de emprender viaxe cara á capital galega, Porfirio Fisac, técnico do Gran Canaria, destacou o perfil táctico do Obradoiro: «É un equipo coas ideas moi claras, cun adestrador top, que sabe xogar un baloncesto espectacular. Teñen dous ritmos moi diferenciados. Poden correr tras rebote ou tras recuperación. E xogan moi ben estruturados. É un equipo difícil, cun potencial de xogo táctico moi grande».

Recoñece que a de Robertson será «unha baixa sensible», pero non se fía e prefire centrarse no seu propio cadro de persoal: «O máis importante é seguir crecendo como grupo, ser máis sólidos no traballo defensivo e ter carácter de compartir. É o máis importante. Se metes todos os tiros que feixes, é máis doado gañar. A porcentaxe de tiro, como sempre, será básico».

O Gran Canaria chega a Sar instalado na décima praza en busca dunha vitoria para achegarse ao corte do play off.

Shurna viaxou co grupo

A gran novidade na expedición insular é a presenza de John Shurna, que se perdeu os dous último partidos pero que xa está a disposición de Porfirio Fisac.

O partido comezará ás cinco da tarde e será arbitrado por Antonio Conde, Francisco José Rabuña e Cristóbal Sánchez Cutillas.