Os horarios do despropósito

Manuel García Reigosa
M. G. Reigosa O PERISCOPIO

ANDAR MIUDIÑO

PACO RODRÍGUEZ

16 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O Herbalife Gran Canaria perdeu o mércores fronte ao Barcelona, 74-92, e desde o xoves prepara con certa marxe a súa visita a Sar este domingo. O Monbus Obradoiro rematará o seu partido en Valencia pasadas as once danoite , subirá a un autobús e quedaranlle por diante máis de 300 quilómetros ata Guadalaxara, unhas catro horas de viaxe por estrada. O equipo exercitarase en terras alcarreñas e collerá un avión á primeira hora da tarde do sábado. Para o domingo pola mañá está programada outra sesión, moi suave, e ás 17 horas arrincará o partido ante o conxunto insular.

O que fixo a ACB coa trixésimo primeira xornada é un despropósito no capítulo dos horarios. E un agravio comparativo para o Obradoiro.

O seu rival desta noite descansa a próxima xornada. O seu rival do domingo dispón de 48 horas máis para preparar a contenda. Nin sequera haberá 48 horas de separación entre o choque do venres e o do domingo para o conxunto santiagués.

Non debería ser tan complicado axustar con algo máis de equidad o calendario. Con pasar o Valencia-Obradoiro ao mércores, ou mesmo ao xoves, todo sería máis sinxelo. Levar ese duelo ao venres non ten explicación.