Gañar cando realmente fai falta

KOKE RAMA

ANDAR MIUDIÑO

JAVI COLMENERO | LOF

A saída dos vestiarios tras o descanso foi un vendaval ofensivo

28 mares 2021 . Actualizado ás 01:29 h.

A pesar de que na previa os protagonistas non cualificaban o partido como unha final, xa que aínda quedan dez xornadas, o certo é que todos sabiamos que este choque estaba marcado en vermello no calendario. As caras dos xogadores e o corpo técnico denotaban que a tensión flotaba no ambiente.

Esta presión confirmouse nos primeiros dous cuartos do partido, onde as imprecisións e a falta de acerto foron a tónica predominante. Un ataque moi espeso e unha defensa falta de concentración, na que nin as faltas facían acto de presenza, con só cinco de equipo ao rematar a primeira parte. Só Czerapovich mantiña co seu acerto o poder anotador do equipo, acompañado por certos escintileos de Enoch . Só o rebote e as poucas perdas fixéronnos chegar vivos ao descanso, con só un punto abaixo.

A saída dos vestiarios foi un vendaval ofensivo por parte de ambos os equipos, onde o Obra cun parcial de 12-7 nos primeiros tres minutos daba a sensación de soltar lastre e sacudirse a presión. A defensa empezou a funcionar e parecía que tras conseguir unha vantaxe de 10 puntos o equipo empezaba a dar a medida.

Nada máis lonxe da realidade. O Gipuzkoa apertou en defensa e tivo a oportunidade de empatar o partido na que para min foi a xogada clave do partido. Dous tiros libres fallados por parte dos donostiarras, seguido dun triplo de Oliver e unha canastra de Daum , levaron a vantaxe aos sete puntos con cinco minutos por xogarse.

A partir de aí, e tras algunha acción polémica, o Obra controlou o partido grazas á experiencia de Oliver e ao acerto e control ofensivo de Robertson . Se miramos persoais, somos superiores, pero iso en baloncesto non basta. Hai que demostralo neste tipo de partidos.

Foi unha importantísima vitoria, pero talvez o máis importante é ter romper# a serie de derrotas que durante moitas xornadas pesaban como unha laxa. Agardo que o equipo gañe en confianza e demostre o xogo que pode desenvolver na próxima final de Fuenlabrada . Aínda quedan nove xornadas e na Liga Endesa calquera equipo pode gañarlle a outro en teoría superior. Imos miudiño e con moita confianza.