Lás perdas de balón

Fran Camba

ANDAR MIUDIÑO

PACO RODRÍGUEZ

21 mares 2021 . Actualizado ás 00:10 h.

A convalecencia está a ser demasiado cruel co Obra. Moi poucas veces haberase visto un final tan axustado e esta tempada, en menos de 2 décimas, escapáronselle 2 partidos ao equipo (Valencia e Unicaja). O Unicaja de Katsikaris chegaba a Santiago rendendo numericamente ao mesmo nivel que o de Casimiro pero escollendo camiños moi diferentes, sobre todo desde a defensa. O obxectivo principal do técnico heleno é negar o lanzamento de 3 ao rival e defender moi ben o lanzamento de 2. Ata onte, só Valencia lanzara máis de 20 triplos xogando contra os malagueños. O Obra atopou a forma de lanzar e anotar con solvencia desde o 6,75, dominou con total autoridade o rebote e espremeu o tiro libre, o 29 % dos puntos chegaron desde a liña de 4,70. Só fallou nas perdas, un dato que se axigantou pola diferenza co rival (15 dos locais por só 2 dos visitantes), e que, traducido en puntos segundo o ritmo de anotación do partido, supuxeron 16 puntos de desvantaxe para o Obra.